lunes, 17 de mayo de 2010

Día das Letras Galegas

Co permiso dos habituais lectores castelán falantes deste blog, hoxe quero homenaxear ás letras galegas, e como non podería ser doutra maneira fágoo na miña lingua nai, a primeira que falei e a primeira que escoitei cando abrín os ollos ao marabilloso mundo de Península do Salnés (Pontevedra) un día de hai uns cantos anos. Tamén foi a lingua coa que crucei o Atlántico rumbo á emigración, e a que sigo falando e escribindo, pois forma parte da miña identidade.
Tamén quero homenaxear a Uxío Navoneyra, o bardo de O Courel, a quen este ano a Real Academia Galega adícalle o día da nosa lingua. Sen dúbida Navoneyra é un profeta da súa (nosa) terra e a ela e á súa paisaxe dedicoulle o berce das súas letras.
Oxalá a lingua galega siga medrando no pobo, que é alí onde naceu, onde viviu e onde vivirá, sen importar o que digan os agoireiros.
Oxalá as letras galegas se convertan cada vez máis no libro galego.
Oxalá hoxe sexa un día de festa en toda Galicia e nos infinitos recunchos do mundo onde os galegos exercemos de galegos, orgullosos da nosa terra e da nosa fala, agarimosa lingua feita para o amor e a lírica.
 

13 comentarios:

fonsilleda dijo...

Hoxe, bicos a eito.

TORO SALVAJE dijo...

Feliz día.

:)

Besos.

Malena dijo...

Mi querida Carmen: ¡Feliz dia das letras galegas! Como les he dicho a Albino y a Alondra(Juntas pero no revueltas) es encantador leer y escuchar poemas en galego porque es una lengua muy dulce.

Mil besos y mil rosas, galeguiña.

Alicia dijo...

Feliz día Carmiña!!!
Bicos

Sabela dijo...

Querida e desprezada
loubada e maltratada
fermosa lingua
berce da nosa terra
perpetuo outono
á espera dunha continua privameira

Isto me inspira hoxe a nosa lingua.

FELIZ DÍA. GRAZAS,CARME, UNHA VEZ MÁIS POLO TEU MESTRÍA.

Isabel Barceló Chico dijo...

Es una gran fortuna que en España podamos contar con varias lenguas. Esa es una riqueza cultural que debe preservarse y mimarse porque, como dicen los entendidos, cada lengua encierra una manera de entender el mundo. Feliz día de las letras gallegas. Besos.

paideleo dijo...

Oxalá !.

Raúl dijo...

Me encanta como suena ese: "Oxala".

Isabel Barceló Chico dijo...

Pasé de nuevo a verte. Besos.

Anónimo dijo...

http://kutambarara.blogspot.com/2010/08/proxima-reapertura-de-kutambarara.html

fonsilleda dijo...

Te echo en falta. ESpero que no escribas, bueno, que no escribas aquí quiero decir, por alguna causa que no tenga nada que ver con la salud o el estado de ánimo.
Espero que regreses.
Biquiños

EL AVE PEREGRINA dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
EL AVE PEREGRINA dijo...

Carmen, é un pracer chegar as túas verbas, e con esta entrada das letras galegas,unha homenaxe a tódolos mestres, da nosa terriña meiga...
Oxalá, com ben dis, medre cada día mais e nos sintamos enorgullecidos dela, son as nosas raíces, son os nosos ancestros.

Un biquiño, desde A Coruña

Gotas de lluvia

Incontables gotas de lluvia deciden morir en mi ventana. Se estrellan con furia para luego resbalar en un largo dejarse ir.   Cal...