Co permiso dos habituais lectores castelán falantes deste blog, hoxe quero homenaxear ás letras galegas, e como non podería ser doutra maneira fágoo na miña lingua nai, a primeira que falei e a primeira que escoitei cando abrín os ollos ao marabilloso mundo de Península do Salnés (Pontevedra) un día de hai uns cantos anos. Tamén foi a lingua coa que crucei o Atlántico rumbo á emigración, e a que sigo falando e escribindo, pois forma parte da miña identidade.
Tamén quero homenaxear a Uxío Navoneyra, o bardo de O Courel, a quen este ano a Real Academia Galega adícalle o día da nosa lingua. Sen dúbida Navoneyra é un profeta da súa (nosa) terra e a ela e á súa paisaxe dedicoulle o berce das súas letras. Oxalá a lingua galega siga medrando no pobo, que é alí onde naceu, onde viviu e onde vivirá, sen importar o que digan os agoireiros.
Oxalá as letras galegas se convertan cada vez máis no libro galego.
Oxalá hoxe sexa un día de festa en toda Galicia e nos infinitos recunchos do mundo onde os galegos exercemos de galegos, orgullosos da nosa terra e da nosa fala, agarimosa lingua feita para o amor e a lírica.